Ainda que este vídeo non fala de Entrimo estou segura que vos agradará.
Parabéns a este cabreiro por iniciar un negocio en época de crise, por crer nun oficio con tradición ligado á terra, por achegarnos produtos naturais á nosa mesa e por contribuír a manter os bosques limpos ¡moitas felicidades!
Ah! e pola súa simpatía!
Este blog foi creado coa ilusión de ser un punto de encontro para entrimeños. Un lugar onde poidamos compartir experiencias, coñecementos, tradicions…e todo o relacionado con esta terra querida que é Entrimo.
miércoles, 27 de junio de 2012
lunes, 18 de junio de 2012
miércoles, 13 de junio de 2012
O Roscón
![]() |
Roscón de Entrimo feito pola panadeira da Illa |
Sen dúbida ningunha un dos postres mais populares e antigos dentro da cociña tradicional galega é o roscón.
Agora que logo empezan as festas pensei que sería boa idea compartir convosco a receita.
O roscón orixinal só levaba ovos, azucre e fariña a partes iguais. Para que sexa máis fácil facelo subir pódese engadir un sobre de fermento.A cantidade depende do grande que queiramos facer o roscón.
Primeiro elevamos as claras de ovo ao punto de neve e mesturamos as xemas con tantas culleradas de azucre como ovos sexan. Seguidamente unha cullerada de fariña por casa ovo tamén e cando levemos a metade da fariña engadiráselle se se quere un sobre de fermento en po. Pomos todo nunha forma e metémolo no forno a lume non superior a 150º. Imos mirando sen abrir a porta para que non se baixe. O tempo que lle fai falta depende do grande que sexa, entre unha hora e duas.
Se o faedes xa contaredes a experiencia. Se non vos queda moi ben non vos desanimedes, ¡roscons coma os da panadeira da Illa requiren moitos anos de experiencia!

martes, 22 de mayo de 2012
Unha historia de éxito con orixe en Entrimo
Agora que só se oe falar de crise por todas as partes déixovos aquí unha historia de éxito protagonizada por Evaristo, un entrimeño nacido en Queguas.
Este é un pequeno extracto do artigo aparecido no diario La Region hai dous días.
"Asegura que sus recuerdos de infancia darían para un libro, y así podría ser, sobre todo teniendo en cuenta las vueltas que ha dado la vida de Evaristo González, hoy propietario de una de las mayores empresas de confección de trajes de comunión de España.
Desde Aljucer, Murcia, localidad en la que reside y fijó la sede de 'Carmy', pues así se llama la sociedad, hace más de tres décadas, recuerda nítidamente como era su vida de niño en la aldea de Queguas, en Entrimo. 'Tuve una infancia feliz aunque subsistía a base de la leche de las vacas y el pan de centeno y maíz'; así arranca el recorrido por su memoria Evaristo González, que hoy tiene 59 años.
Cuidando del ganado, robando castañas y consiguiendo sietes en el pantalón al trepar por los árboles para coger cerezas, transcurrieron los primeros 12 años de su vida. También acudía a una escuela pequeña, con pocos alumnos 'pero con una muy buena maestra que seguramente haya influido en que esté donde estoy'. Fueron también los años del recuerdo de la matanza y de aprender a herrar caballos, que aún sabe, pero también los años del estraperlo con Portugal, no en vano vivía en la raia. En definitiva, una vida de contrastes y polifacética...."

Artigo completo aquí:
lunes, 30 de abril de 2012
jueves, 26 de abril de 2012
Un xogo: O Brilé
Alguén coñece este xogo? Fora de Entrimo pode ser que non pero seguro que moitos entrimeños xogastes o Brilé mais dunha vez.
Acordádesvos?
"Os xogadores divídense en dous equipos do mismo número de persoas.
Divídese o campo de xogo en catro partes con tres liñas, unha no medio e duas no fondo a cada lado, a seis ou sete pasos da central.
O xogo empeza cando un xogador de cada equipo achégase a raia do medio e salta para coller para o seu lado a pelota que un terceiro bota o aire.
O que colle a pelota pode tirala contra calquera xogador do equipo contrario e o que lle de está brilado e ten que abandonar o campo e situarse na zona de brilados. Pero se a quen iba dirixido o lanzamento agarra a pelota pode usala pra brilar a alguén do equipo contrario (sempre sen pasar nen pisar a raia do medio)
O máis emocionante é que os xogadores brilados non deixan de xogar senon que dende a sua zona poden coller a pelota cando lla pasen os xogadores do seu equipo libres, e así atacar desde os dous lados ao outro equipo, que ten que correr de raia a raia para que non lles toque a pelota.
O final gana o equipo que brila a todos os xogadores do equipo contrario."
Pois aí queda un xogo para que non se nos esqueza!

miércoles, 11 de abril de 2012
As sete virxes de Anamán
Dise por todas as partes que Galicia é terra de lendas e meigas...
Algunha que outra tamén se conta por Entrimo, como a das sete virxes.
Mais dunha vez, xa dende pequena, escoiteina pero non me acordaba ben dela.
Recordaba que miña avoa contaba que eran sete virxes que en busca de capelas e igrexas todas corrían pra coller os mellores sitios. Unha delas quedouse de última e foi parar a Peneda (Portugal), que era o lugar de peor acceso. Pero foi reconpensada polo esforzo e como decía miña avoa "onda as outras van a pares e a Peneda a millares".
Xa esquecera cuales eran as sete virxes ata que encontrei a lenda na páxina de Galicia Encantada.
Aquí a tendes:
As sete virxes de Anamán
BIBLIOGRAFÍA Fonte: RISCO, V., Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense, (dirixida por F. Carreras Candi), Casa editorial Alberto Martín, Barcelona, s/d. |
martes, 27 de marzo de 2012
Sobre a prevención dos incendios
Xa temos aquí a primavera e dentro de nada o vrao. Chegan os calores e esperemos que non os incendios...
Encontrei este video que é toda unha lección de prevención de contra o lume nos montes. ¿Qué vos parece?
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5527&tipo=concello
Encontrei este video que é toda unha lección de prevención de contra o lume nos montes. ¿Qué vos parece?
http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=53&video_id=5527&tipo=concello
martes, 6 de marzo de 2012
miércoles, 29 de febrero de 2012
Un rico postre con tradición: Arroz do forno
O domingo pasado fomos comer á casa dos meus padriños, Concha e José. Miña madriña que é unha gran cociñeira preparounos unha comida 100% galega.
Estaba todo moi bo, o caldo galego, o pulpo coas patatas cocidas… Pero cando vin o postre enriba da mesa enseguida me acordei dos amigos blogueiros de “Entrimeños”. ¡Era arroz do forno!
Así que fixen unhas fotos e pedinlle a receita a miña madriña. Aquí a tendes, ¡espero que vos quede igual de espectacular!

Ingredientes:
1 litro de leite
Un chisco de sal
250 gramos de arroz
6 ovos
Colorante alimentario (2 sacudidas)
10 culleradas de azucre
Manteiga para untar o molde
Fervemos o leite e botamos o arroz cun chisco de sal.
Cando está a medio cocer, pasados uns 10 minutos aproximadamente, retiramos do lume e deixamos enfriar.
Batemos os ovos e mesturamos todos os ingredientes
Unha vez todo mesturado botámolo nun molde previamente untado con manteiga.
Metemos o molde no forno prequecido a 200⁰
cando vexamos que se está tostando por enriba cravamos un escarvadentes e cando este saia seco sacamos o arroz do forno e ¡listo pra servir!
Toque de miña madriña: antes de meter o molde no fondo ponlle uns puntiños de manteiga por encima do arroz.
Estaba todo moi bo, o caldo galego, o pulpo coas patatas cocidas… Pero cando vin o postre enriba da mesa enseguida me acordei dos amigos blogueiros de “Entrimeños”. ¡Era arroz do forno!
Así que fixen unhas fotos e pedinlle a receita a miña madriña. Aquí a tendes, ¡espero que vos quede igual de espectacular!

Ingredientes:
1 litro de leite
Un chisco de sal
250 gramos de arroz
6 ovos
Colorante alimentario (2 sacudidas)
10 culleradas de azucre
Manteiga para untar o molde
Fervemos o leite e botamos o arroz cun chisco de sal.
Cando está a medio cocer, pasados uns 10 minutos aproximadamente, retiramos do lume e deixamos enfriar.
Batemos os ovos e mesturamos todos os ingredientes
Unha vez todo mesturado botámolo nun molde previamente untado con manteiga.
Metemos o molde no forno prequecido a 200⁰

Toque de miña madriña: antes de meter o molde no fondo ponlle uns puntiños de manteiga por encima do arroz.
miércoles, 22 de febrero de 2012
Vídeo sobre Olelas
Parece ser que Olelas é a aldea máis mediática do concello de Entrimo. Non me extraña pois reune unha serie de características díficiles de encontrar xuntas.
Entre elas a sua situación fronteiriza nótase na sua riqueza cultural e o río de Castro Laboreiro e o barranco configuran unha paisaxe única.
Pero sen dúbida o que fai de Olelas un gran lugar é a súa xente. Comprobádeo vós mesmos neste vídeo do programa “Grandes Lugares” da TVG
miércoles, 15 de febrero de 2012
Entroido en Entrimo: Madamitas e Madamitos
¡Bo entroido a todos!
Acabo de ver esta noticia publicada na Rexión:
"El Concello de Entrimo confirmaba ayer el cartel festivo del Entroido 2012.
Acabo de ver esta noticia publicada na Rexión:
"El Concello de Entrimo confirmaba ayer el cartel festivo del Entroido 2012.
La cita, prevista para el fin de semana del 18 y 19 de febrero, permitirá que regresen a las calles de la capitalidad los llamativos 'madamitos y madamitas'. Las figuras del Entroido tradicional de la localidad protagonizarán un desfile por las calles de A Terrachá en la tarde del sábado. El domingo será el turno para los disfraces y carrozas más transgresoras con el tradicional desfile de carnaval. A partir de las 16,30 horas, grupos de amigos y vecinos participarán en un pasacalles multicolor amenizado por la música de charanga. Entre todos los participantes, se repartirán 1,200 euros en premios."
¿Algún de vos sabe de qué vai esta tradición? ¿alguén pode enviar algunha foto do entroido en Entrimo e compartila cos que estamos fóra?
Eu acórdome das carrozas pero non dos "Madamitos e madamitas"...
sábado, 11 de febrero de 2012
viernes, 10 de febrero de 2012
martes, 7 de febrero de 2012
Vídeo da ruta de Queguas en Entrimo
Fai uns días escribía sobre a ruta de Queguas.
Déixovos un vídeo que encontrei do programa da TVG "Botarse ao monte" onde da man de Sindo o presentador ensínanos esta ruta por Entrimo.
Déixovos un vídeo que encontrei do programa da TVG "Botarse ao monte" onde da man de Sindo o presentador ensínanos esta ruta por Entrimo.
sábado, 4 de febrero de 2012
Lacón con Grelos
![]() |
Grelos |
Ingredientes:
Lacón do porco (extremidades dianteiras do porco)
Patatas
Grelos
Chourizo
Un pouco de aceite de oliva
Manteiga de porco
![]() |
Xamóns |
Unha vez desalgado poñémolo a cocer durante unha hora por quilo.
Cando estea cocido sacámolo da auga e votamos a cocer na mesma auga as patacas enteiras co chourizo. Engadimos un pouco de manteiga de porco.
Pasados vinte minutos votamos os grelos e o lacón e deixamos cocer todo xunto dez minutos máis.
O servir podemos regar as patacas e os grelos con un chorro de aceite.
![]() |
Chourizada no canizo |
viernes, 27 de enero de 2012
¡logró salir con vida!
En noviembre de 2005 la Asamblea General de las Naciones Unidas declaró el 27 de enero como el Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto.
![]() |
Jaime Vázquez |
Parece mentira que unos hechos ocurridos a miles de kilómetros llegasen a tener repercusión en una pequeña aldea de Entrimo.
De mi tio Jaime solo conservo dos recuerdos ya que murió siendo yo muy pequeña. Uno de ellos es que me daba vino con azúcar, toda una aventura para mi que no me dejaban beber vino en casa. Y el otro recuerdo es de el sentado al sol con unos números azules marcados en el brazo (su número de preso). Supongo que la imagen de esos números se quedó grabada en mi mente porque en aquella época los tatuajes eran algo extraño para una niña, y más cuando vives en un pequeño pueblo.
Sobre su época desde que le capturaron hasta que volvió a Bouzadrago me ha llegado lo poco que él explicó a la familia y alguna información que he sacado de ir atando cabos. Cuando tenga un poco de tiempo os explicaré más sobre ese episodio de su vida aquí en el blog.
Aquí os dejo una noticia que hace referencia a mi tio Jaime:
¿Qué es el Holocausto?:
La palabra "Holocausto'' proviene del griego "holo'' que significa total y "kaio'' que significa quemar, en su origen hacía referencia a un rito religioso en el que se incineraba una ofrenda, pero actualmente se refiere a cualquier desastre humano a gran escala y especialmente, se refiere a la política de exterminio de los judíos residentes en Europa llevada a cabo por la Alemania entre 1933 y 1945, que tenía como objetivo prioritario la reestructuración racial de Europa.
La ideología en la que se basaba esta reestructuración sostenía que “el judío” era el origen de todos los males: el pacifismo, el marxismo, la democracia, el cristianismo, la masonería, el desorden, la degeneración racial...
Aunque los judíos eran el principal enemigo el régimen nazi también asesinó y persiguió a otros grupos humanos como los gitanos, los prisioneros de guerra, los discapacitados, los disidentes religiosos o políticos, los homosexuales...
lunes, 23 de enero de 2012
sábado, 21 de enero de 2012
A Ruta de Queguas en Entrimo
Así que hoxe vouvos falar dunha das miñas rutas preferidas: a Ruta de Queguas (P.R-G27)
Nesta ruta ademais dunhas panorámicas de película podemos ver As Cortes de Carballeira e o dólmen, coñecido como "Casa dá Moura", da época do Neolítico.
Iniciamos e finalizamos a ruta no mesmo punto, en Queguas.
Collemos a pista que parte da aldea de Queguas, veredes o letreiro indicando o inicio da ruta. Ata chegar ás Cortes da Carballeira gran parte da ruta transcorre por un camiño empedrado entre terreos.
Nótase que noutras épocas o camiño foi moi transitado polos carros de vacas, aínda se poden ver os sucos que deixaron as rodas na pedra.
Nótase que noutras épocas o camiño foi moi transitado polos carros de vacas, aínda se poden ver os sucos que deixaron as rodas na pedra.
Capela dá Ascensión |
Unha vez pasadas ás cortes o camíño énchese de monte.
Media hora máis tarde chégase á chaira onde está a "Casa dá Moura", monumento funerario dos homes da prehistoria.
Vendo o sitio, un entende que fose un lugar ideal para as tribos neolíticas que tiñan na caza unha das súas fontes principais de supervivencia. A altura rolda vos 1.000 metros e o monte é baixo.
Vendo o sitio, un entende que fose un lugar ideal para as tribos neolíticas que tiñan na caza unha das súas fontes principais de supervivencia. A altura rolda vos 1.000 metros e o monte é baixo.
miércoles, 18 de enero de 2012
O Carballo e a Sobreira
Carballo grande na Feira Vella |
Pensei que sería difícil de adiviñar pero un entrimeño residente en Brasil, Marcial, deseguida acertou. E despois outra persoa díxonos que ese carballo era coñecido como “O carballo grande”.
Parece ser que os carballos chaman a nosa atención. Non é de extrañar pois debe ser a árbore máis querida en Galicia.
Carballo da Sobreira en Ferreiros |
En Ferreiros temos o Carballo da Sobreira. Estou segura que moita xente da aldea se preguntásemos cal é o elemento máis representativo de Ferreiros contestaría “O carballo da Sobreira”. Á súa sombra sentáronse xeracións, e presidiu centos de festas.
Mirade se é importante a Sobreira que dá nome ao sitio onde están situados as tres cousas máis importantes do lugar. A capela, coñecida como “a capilla da Virxe da Sobreira” o cruceiro que é “o cruceiro da Sobreira” e o carballo chamado “o carballo da Sobreira”. Os tres xuntos forman un conxunto espectacular.
A Sobreira en Ferreiros |
O carballo (Quercus sp.) é do xénero de árbores caducifolios moi robustos. En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas a máis importante é o carballo común (Quercus robur L.), e a sobreira é outra especie dentro do xénero Quercus.
A Sobreira en Ferreiros |
E ¿sabedes que o carballo pode chegar ata os 1000 anos e pode pasar dos 40 metros de altura? ¡Realmente é unha árbore espectacular!
Pódese atopar por tódolos lugares, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, ainda que prefire os terreos frescos sen grandes secas e por debaixo dos 1000 metros de altitude.
O seu tronco é dereito, ten a cortiza grisácea e as follas caedizas. O froito, moi apreciado como alimento para os porcos, chámase landra e mide entre 1 e 2 centímetros.
O carballo florece en abril e maio e da o froito en outono.
É unha especie en regresión debido á influencia humán, xa que foi e inda é substituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.
O conxunto de carballos en Galicia chámase carballeira, tamén carballal ou touza.
As carballeiras situadas a máis de 700 metros de altura, ademais de carballos, presentan exemplares de castiñeiros e bidueiras, xunto a fentos e silvas, mentres que nas carballeiras situadas a menos de 700 metros os carballos preséntanse acompañados por exemplares de acivro, pereira, érbedos, torviscos, loureiro...
Esto é todo por hoxe. Acabo o artigo desexando que poidamos ver en pé durante moitos anos máis o noso querido Carballo da Sobreira.
"Miña Virxe da Subreira
é amiga da goteira;
póñenlle o carballo á porta,
heille plantala videira."
(Do Cantigueiro popular da Baixa Limia,
de Xoaquin Lorenzo)
jueves, 5 de enero de 2012
Entrimo: ¿Onde é?
¡Feliz Año Nuevo a todos!
Aquí está o primeiro ¿onde é? do 2012
Non me negaredes que a foto é impresionante!!! Como o é o sitio.
Aquí está o primeiro ¿onde é? do 2012
Non me negaredes que a foto é impresionante!!! Como o é o sitio.
Capela de San Antonio nas Quintans, Galez |
Interior da Capela de San Antonio nas Quintans, Galez |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)