miércoles, 27 de junio de 2012

Cabras do Xurés

Ainda que este vídeo non fala de Entrimo estou segura que vos agradará.
Parabéns a este cabreiro por iniciar un negocio en época de crise, por crer nun oficio con tradición ligado á terra, por achegarnos produtos naturais á nosa mesa e por contribuír a manter os bosques limpos ¡moitas felicidades!
Ah! e pola súa simpatía!







miércoles, 13 de junio de 2012

O Roscón

Roscón de Entrimo feito pola panadeira da Illa
Sen dúbida ningunha un dos postres mais populares e antigos dentro da cociña tradicional galega é o roscón. 
Agora que logo empezan as festas pensei que sería boa idea compartir convosco a receita.


O roscón orixinal só levaba ovos, azucre e fariña a partes iguais. Para que sexa máis fácil facelo subir pódese engadir un sobre de fermento.A cantidade depende do grande que queiramos facer o roscón.


Primeiro elevamos as claras de ovo ao punto de neve e mesturamos as xemas con tantas culleradas de azucre como ovos sexan. Seguidamente unha cullerada de fariña por casa ovo tamén e cando levemos a metade da fariña engadiráselle se se quere un sobre de fermento en po. Pomos todo nunha forma e metémolo no forno a lume non superior a 150º. Imos mirando sen abrir a porta para que non se baixe. O tempo que lle fai falta depende do grande que sexa, entre unha hora e duas.


Se o faedes xa contaredes a experiencia. Se non vos queda moi ben non vos desanimedes, ¡roscons coma os da panadeira da Illa requiren moitos anos de experiencia!
Roscón de Entrimo feito pola panadeira da Illa