domingo, 13 de noviembre de 2011

Filloas

.
Amigos, xa está a porta o frío.
Acórdome de cando era eu pequena que pola matanza do porco facíanse as filloas de sangre.
Ahora aquí na cidade como sangre non teño deixovos a receita das filloas de ovo que fixen o outro día.
Estas é a versión simple pero podedeslle por tamén mel, chocolate, mermelada...

Eu como non teño touciño uso manteiga de porco
Ingredientes (4 ou 5 persoas):
6 culleradas sopeiras de fariña
6 culleradas sopeiras de azucre
6 ovos
1 vaso de auga
1 vaso de leite
1 chisco de sal
1 anaco de touciño  

Primeiro faemos o amoado. Espolvoreamos a fariña co azucar e co sal e engadímoslle os ovos previamente batidos. Despois pouco a pouco imos incorporando a auga e o leite mesturados. Batemos todo xunto.

A continuación quentamos a filloeira (unha sartén) e untámola co anaco de touciño e imos vertendo nela pequenas cantidades de amoado repartíndoas ben por toda a superfície.




Entre filloa e filloa hai que volver untar con touciño.
Cando a filloa empece a dorarse polas beiras dámoslle a volta.
Ímolas colocando nun prato unha encima doutra.




¡E listas pra servir! Sírvense con azucre pra que cada un lle poña o seu gusto.

   

sábado, 5 de noviembre de 2011

As fontes

Fonte da Barreira (Bouzadrago)
Galicia sempre foi terra de auga, e así o mostran as moitas fontes espaiadas polas aldeas.
Entrimo tamén é terra rica en fontes ainda que algunhas delas hoxe en día encóntranse en estado de abandono.
Fonte da Quintan (Terrachán)


Antigamente as fontes, en uso por tódolos veciños abastecían á poboación e ó gando de auga.
Coa traída de augas e o abandono dos traballos do campo moitas delas pasaron a desuso. 
Ademais hai que pensar que algunhas nen sequera estaban situadas á beira dun camiño ou en lugares onde poidesen cumprir unha función decorativa. Estas eran fontes situadas o lado de carreiros ou entre campos, que tiñan a función de refrescar a xente cando andaba a traballar nas leiras, por exemplo a fonte de Esculeiro en Ferreiros ou a de Quingosto en Bouzadrago. Co abandono da labranza tamén se abandonaron estas fontes.
Fonte en Galez
Outras sitúanse en sitios mais accesibles, preto das casas e dos camiños, a elas acudía a xente a procura de auga. As mais rechamantes son as fontes dun cano que normalmente verten a auga nun bebedoiro para servicio do gando, e deste bebedoiro pasa ó pozo de lavar a roupa.
Cando eu era pequena acórdome de ir buscar no vrao auga fresca en Ferreiros a fonte do Pozo e a dos Birmons, hoxe en día nengunha delas bota auga, e cando secaban estas duas ibamos a do Cortello que por sorte ainda perdura.

Fonte do Cortello (Ferreiros)


martes, 1 de noviembre de 2011

Decorar con flores secas


Xa que Entrimo está rodeado de natureza, hoxe vouvos ensinar como decorar con flores secas.



1.Pomos as flores a secar boca a baixo nun lugar escuro durante dous meses 


2. No fondo dun floreiro pomos area e algunhas pedras
       



3. Espetamos as flores e se queremos botámoslles por encima unha pouca de laca do pelo. 
                                             
E aquí está, ¡mirade que marabilla de ramo decorativo!