jueves, 29 de diciembre de 2011

Tostadas de viño

A Noiteboa pasada continuamos na casa coa tradición de facer as tostadas de viño como postre da cea. ¡Quedaron pra lambe-lo bico!
Ese mesmo día chamou miña tia Mercedes desde Barcelona e preguntoulle a miña nai como as fai, porque di que a ela non lle acaban de quedar ben.
Así que pensei que seria boa idea colgar a receita pra todos os entrimeños que andan polo mundo, por se non vos acordades como se fan...

Ingredientes:
Viño tinto
Azucar
Pan
Aceite de oliva












Primeiro mestúrase o viño co azucar. Aconséllovos escoller un viño o máis escuro posible.
Partimos o pan en rodajas. É mellor usar pan do dia anterior pra que non se esfarele.
Mollamos o pan no viño e dámoslle unhas voltas nunha sartén untada con aceite de oliva.
Antes de servir botámoslle un pouco de azucar as tostadas por enriba.
Toque de miña nai: espolvorea as tostadas en contas de só con azucar con azucar mesturado con canela.
¡Mirai que resultado mais espectacular pra algo tan fácil e barato!


Tostadas de viño tinto


¡Feliz Ano Novo a todos!



martes, 20 de diciembre de 2011

Centro de mesa para as festas do Nadal


¡Xa chegan as festas do Nadal!
Hove vouvos deixar unha idea de decoración con elementos naturais.
Este é un centro de mesa feito con follas ao redor dunha vela.
Como base podedes usar un prato, unha bandexa ou un anaco de cartón.


                                    ¡Boas festas a todos!

martes, 13 de diciembre de 2011

Os motes

O alcume, en Entrimo conocido por mote, é o sistema máis antigo que existe, despois do nome, para distinguir aos individuos. Aínda que estivo moi extendido durante séculos hoxe o seu uso é case exclusivo das zonas rurais.
Cando debido ao crecemento da poboación fíxose difícil identificar aos individuos polo seu nome empezouse a diferencialos cun “segundo nome” (mote) que podía facer referencia a unha característica física da persoa, á súa profesión, a algún obxeto, a algunha anécdota relacionada coa súa vida, o lugar no que vivía, a relacións de parentesco… E o mote foise herdando de pais a fillos.
Alguns apodos deron orixe aos apelidos, así por exemplo a terminación –ez dos apelidos significa “fillo de”, é dicir “González” é “ o fillo de Gonzalo”.
En moitos casos os motes son palabras coñecidas e fáciles de entender pero noutros son palabras antigas das que non sabemos o significado nin están documentadas.
No meu caso por parte de pai correspondeme o mote “mica” xa que os meus antepasados eran “os micos” e por parte de nai “cambas” (unha das dúas partes do arco da roda do carro). O que non sei é se o de “micos” ven por algunha relación da familia cos gatos (que alguen tivese moitos por exemplo) ou fai referencia a unha característica física xa que temos a cara redonda e o nariz pequeno.
En Entrimo este patrimonio cultural continua moi vivo e contamos con motes como os seguintes:

  •          Que fan referencia a profesions como “cesteiros” ou “toleiros”
  •          Referidos a obxetos como “cambas”, “chavellas” (peza estreita de madeira para   suxeitar o xugo do carro) ou “presilla” (tira cosida nunha peza de roupa para pasar o botón),
  •          A animais como “moscas”,  “micos” ou “saltons”
  •          A lugares: “da eira”, “do coto”, “das portelas“ “os do Santo”…
  •          A características físicas como “rubios” ou “pardos”
Seguro que na vosa familia tamén tendes motes. ¡Animádevos a enviar un comentario co voso!

jueves, 1 de diciembre de 2011

Olelas e Entrimo no programa "Cos pés na terra" da TVG

¡Hola a todos!
aquí vos deixo un vídeo que non vos podedes perder.
É do programa "Cos pés na terra" que fixeron na televisión galega no mes de setembro pasado. Sae unha familia de Olelas moi simpática.
Ah! no minuto 17:35 veredes que aparece un roscón. É parecido o que fai a panadeira da Illa. Creo que teño unha receita do roscón por ahí. Xa a colgarei cando a encontre.


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cos-pes-na-terra-1-21-09-2011