sábado, 21 de enero de 2012

A Ruta de Queguas en Entrimo

Unha das actividades que máis me agrada facer en Entrimo é o sendeirismo.
Así que hoxe vouvos falar dunha das miñas rutas preferidas: a Ruta de Queguas (P.R-G27)
Nesta ruta ademais  dunhas panorámicas de película podemos ver As Cortes de Carballeira e o dólmen, coñecido como "Casa dá Moura", da época do Neolítico.



A ruta fai 6,5 km aproximadamente e pódese facer nunhas 2-3 horas. É de dificultade media porque ten algunhas subidas pero o camiño é moi transitable e está ben sinalizado. Non ten perda.  
Iniciamos e finalizamos a ruta no mesmo punto, en Queguas.
Collemos a pista que parte da aldea de Queguas, veredes o letreiro indicando o inicio da ruta. Ata chegar ás Cortes da Carballeira gran parte da ruta transcorre por un camiño empedrado entre terreos. 

Nótase que noutras épocas o camiño foi moi transitado polos carros de vacas, aínda se poden ver os sucos que deixaron as rodas na pedra.

Capela dá Ascensión
Non é de estrañar que ás cortes se chamen "Ás Cortes dá Carballeira" porque os carballos que ten arredor son espectaculares. Soamente por ver os carballos e a Capela dá Ascensión xa paga a pena o percorrido.
Unha vez pasadas ás cortes o camíño énchese de monte.
Media hora máis tarde chégase á chaira onde está a "Casa dá Moura", monumento funerario dos homes da prehistoria. 
Vendo o sitio, un entende que fose un lugar ideal para as tribos neolíticas que tiñan na caza unha das súas fontes principais de supervivencia. A altura rolda vos 1.000 metros e o monte é baixo.
Dómen "A Casa dá Moura"
Dende alí temos unhas vistas da Serra de Queguas e das montañas graníticas da Serra do Leboreiro inmellorables.
De regreso a Queguas o camiño, de baixada suave, permítenos disfrutar da paisaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Moitas gracias por comentar!