martes, 10 de febrero de 2015

lunes, 2 de febrero de 2015

EN FEBREIRO

Se a Candelaria chora 
medio inverno está fora; 
pero chore ou deixe de chorar, 
medio inverno está por pasar. 

lunes, 5 de enero de 2015

QUARTA-FEIRA LOGO VEM


"Hoxe é luns, mañán é martes, 
quarta-feira logo ven, 
de mañán en oito dias 
éche a semana que ven"





jueves, 2 de octubre de 2014

RESCATADORES DE PALABRAS

Hola a tod@s,
fai un par de meses a falar con miña nai saiu a conversa de que as veces ouvense palabras que xa se tiñan esquecido.
Outras veces, esto pásanos máis aos que estamos fora de Galicia, non nos acordamos de como se di algo.
E ainda se complica máis porque na Baixa Limia fálamos o galego-portugués...
Acórdome dunha vez que meus pais ouviran na TVG a palabra "naipelo". Como non podía ser doutra maneira cando falamos por teléfono miña nai enseguida me soltou:
¡Lánzalle un flotador a Naipelo!
- Isabel ¿e tu sabes o que é un naipelo?. É unha palabra que dixeron na galega e faía moitos anos que non a tiña ouvido.
Eu nin idea. Insitín en que mo dixera pero ela non soltou prenda.
Acórdome que lle preguntei a miñas tias, o que non me acordo é quen resolveu o final o enigma. Creo que miña tia Lucinda.
E vos ¿sabedes o que é un NAIPELO?
(Sen trampas eh? non vale usar internet)

lunes, 22 de septiembre de 2014

Os tomates do demo

Virades algunha vez uns tomates coma istes de miña nai?


Como ten cornos meu irmao decidiu porlles de nome "tomates do demo" :-)