jueves, 26 de abril de 2012

Un xogo: O Brilé

Alguén coñece este xogo? Fora de Entrimo pode ser que non pero seguro que moitos entrimeños xogastes o Brilé mais dunha vez.
Acordádesvos?

"Os xogadores divídense en dous equipos do mismo número de persoas. 
Divídese o campo de xogo en catro partes con tres liñas, unha no medio e duas no fondo a cada lado, a seis ou sete pasos da central.
O xogo empeza cando un xogador de cada equipo achégase a raia do medio e salta para coller para o seu lado a pelota que un terceiro bota o aire.
O que colle a pelota pode tirala contra calquera xogador do equipo contrario e o que lle de está brilado e ten que abandonar o campo e situarse na zona de brilados. Pero se a quen iba dirixido o lanzamento agarra a pelota pode usala pra brilar a alguén do equipo contrario (sempre sen pasar nen pisar a raia do medio)
O máis emocionante é que os xogadores brilados non deixan de xogar senon que dende a sua zona poden coller a pelota cando lla pasen os xogadores do seu equipo libres, e así atacar desde os dous lados ao outro equipo, que ten que correr de raia a raia para que non lles toque a pelota.
O final gana o equipo que brila a todos os xogadores do equipo contrario."

Pois aí queda un xogo para que non se nos esqueza!



3 comentarios:

  1. Tamén se xoga na Terrachá (Lugo). Polo menos, xogábase hai uns 25 anos. Normalmente, xogábano as rapazas. Tamén me sona un campionato de brilé en Santiago, hai uns anos.

    ResponderEliminar
  2. Campeonato e todo? Carai! A verdade e que cando eu ía ao colexio xogabámolo moito, era moi entretido, non sei se aínda se xogará.

    ResponderEliminar
  3. Nas miñas clases uso diversas variantes: podese brilar en calquer parte do corpo agás a cabeza,podese brilar con bote ou sen bote,salvando ou sen salvar (os brilados poden brilar pero non salvar, só poden salvar os que non están brilados),pode xogar un de cada equipo infiltrado no equipo rival (pode brilar dende ahí pero non ser brilado, e ten que tirar dende onde colle a pelota), brilando tamén dende os laterais do campo, etc Luis M. Pousa

    ResponderEliminar

¡Moitas gracias por comentar!