miércoles, 11 de abril de 2012

As sete virxes de Anamán

Dise por todas as partes que Galicia é terra de lendas e meigas...
Algunha que outra tamén se conta por Entrimo, como a das sete virxes.
Mais dunha vez, xa dende pequena, escoiteina pero non me acordaba ben dela. 
Recordaba que miña avoa contaba que eran sete virxes que en busca de capelas e igrexas todas corrían pra coller os mellores sitios. Unha delas quedouse de última e foi parar a Peneda (Portugal), que era o lugar de peor acceso. Pero foi reconpensada polo esforzo e como decía miña avoa "onda as outras van a pares e a Peneda a millares".
Xa esquecera cuales eran as sete virxes ata que encontrei a lenda na páxina de Galicia Encantada. 
Aquí a tendes:

As sete virxes de Anamán
Próxima á Pena de Anamán, a mesma onde se agachaba o sonado bandoleiro Xan das Congostras, hai unha capela dedicada a Santa Ana, e un dito:
Eu hei de subir ó ceo
por unha cinta de la;
teño de levar comigo
á Señora de Anamán.

A Sobreira, Ferreiros, Entrimo
Pois preto desta capela hai unha pena cunha fendedura da que saíron sete irmás que se convertiron en virxes e residen agora naquela comarca, repartidas da seguinte maneira:
Na provinccia de Ourense quedaron catro: unha é a do Viso, en Lobeira; outra está no Xurés, en Lobios; a outra na Sobreira, Ferreiros de Entrimo 
(este lugar tamén se ten como berce das sete irmás) e a cuarta é a da Carballeira, en Queguas de Entrimo. 
A Carballeira, Queguas, Entrimo
As tres que se foron a terras portuguesas son a de Boavista en Asiera, a Virxe da Peneda e a de Anamán que é a Santa Ana da capela que dixemos ó comezo.
BIBLIOGRAFÍA
Fonte:
RISCO, V., Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense, (dirixida por F. Carreras Candi), Casa editorial Alberto Martín, Barcelona, s/d.

2 comentarios:

  1. Aunque ya lo conocía me encanta que recuerdes esta curiosa tradición. Te dejo un enlace con la situación en Google Earth de las siete capillas para que se sitúen https://docs.google.com/file/d/0B26jxReHyjJMdjhiVzhxUEpuQjA/edit

    Un abrazo

    ResponderEliminar

¡Moitas gracias por comentar!