miércoles, 13 de junio de 2012

O Roscón

Roscón de Entrimo feito pola panadeira da Illa
Sen dúbida ningunha un dos postres mais populares e antigos dentro da cociña tradicional galega é o roscón. 
Agora que logo empezan as festas pensei que sería boa idea compartir convosco a receita.


O roscón orixinal só levaba ovos, azucre e fariña a partes iguais. Para que sexa máis fácil facelo subir pódese engadir un sobre de fermento.A cantidade depende do grande que queiramos facer o roscón.


Primeiro elevamos as claras de ovo ao punto de neve e mesturamos as xemas con tantas culleradas de azucre como ovos sexan. Seguidamente unha cullerada de fariña por casa ovo tamén e cando levemos a metade da fariña engadiráselle se se quere un sobre de fermento en po. Pomos todo nunha forma e metémolo no forno a lume non superior a 150º. Imos mirando sen abrir a porta para que non se baixe. O tempo que lle fai falta depende do grande que sexa, entre unha hora e duas.


Se o faedes xa contaredes a experiencia. Se non vos queda moi ben non vos desanimedes, ¡roscons coma os da panadeira da Illa requiren moitos anos de experiencia!
Roscón de Entrimo feito pola panadeira da Illa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Moitas gracias por comentar!