martes, 6 de septiembre de 2011

Festas de Entrimo

Pulpo a feira
¡Un ano mais durante as vacacións en Entrimo poidemos disfrutar das festas nas aldeas!
Da música das orquestas, da empanada, do pulpo a feira, do roscón, das alboradas...

Empanada

Ainda que moitas das festas se foron perdendo co paso do tempo outras mantense co esforzo económico e de dedicación dos veciños.
Vou facer aquí un resumo das festas que de acordo coa miña familia e veciños algunha vez se celebraron e das que se seguen a celebrar.


Guxinde:
Festa do Carme o 16 de xullo con Misa e comida compartida
Festa en honor a San Salvador o día 6 de agosto
Pereira:
Antigamente facíase por Pascua a festa da Virxen, en xuño a de San Antón e en novembro a de San Facundo.
Agora a da Virxe cambiou de fecha para o día 4 de agosto.
Bouzadrago:
Festa en honor do apóstolo Santiago o 25 de Xullo

Alborada o 21 de agosto por Ferreiros

Ferreiros:
Faise a festa da Magdalena o 22 de Xullo con misa e comida compartida entre todo o pobo.
E como non houbo acordo para cambiar de día a festa en honra a Virxe da Sobreira que tradicionalmente se viña celebrando o día 8 de setembro, e Ferreiros é un pobo moi festeiro, actualmente mantense a festa do día 8 e faise outra o 21 de agosto.
Terrachán:
O 14, 15 e 16 de agosto son as festas na honra de Santa María.
Perdeuse a festa que se facía no barrio do Santo por San Xoan.

Banda de gaitas de Entrimo


Casal:
Celébrase San Miguel o 29 de setembro
Galez e Feira Vella:
O 1 e 2 de agosto festas de San Félix
Asperelo:
Perdeuse a festa da Virxe dos Remedios que se celebraba por ano novo

As Quintans:
Perdeuse a festa de San Antón que se celebraba no mes de xuño
Olelas:
A festa que tradicionalmente se facía por Pascua cambiou para o 19 de agosto
Illa:
Ainda que se perdeu a festa que se facía por Corpus continua a do San Lourenzo o 9 e 10 de agosto
Lantemil:
A festa que se facia por Pascua na honra da Virxe das Neves cambiou agora para o 5 de agosto
Queguas:
Perdeuse a festa que se celebraba por San Xoan
        
Venceans:
Antes facíase a festa de San Tomé en decembro
Vilar:
Perdeuse a festa de San Munin que era o 19 de abril

2 comentarios:

  1. Eso, eso festa festa. A festa que non acabe. A pena é que so son durante o verán. Si se acaban as festas, rematan as vacacacions.

    ResponderEliminar
  2. ¡Hola Anónimo!
    pois si :-(
    Sobre todo acábanse para os que temos que volver as nosas terras de adopción...
    A os que están en Entrimo ainda lles queda a do Casal, Ferreiros, o magosto...
    ¿Ti desde onde nos escribes?

    ResponderEliminar

¡Moitas gracias por comentar!