viernes, 23 de septiembre de 2011

Os Canastros

Hoxe vou falar sobre outra das maravillas do patrimonio arqueolóxico galego.

Os hórreos  son unhas das construccións típicas de Galicia. O seu nome varía dependendo da comarca ou zona. En Entrimo chámanse canastros.

Estaban destinados o secado do gran, a garda-lo millo e a defendelo dos bichos. Por eso están levantados por uns pes e con boas condicións de ventilación. Cousa moi necesaria en Galicia por o seu clima húmedo.
Xa hai escritos romanos do século I AC que mencionan os canastros pero é difícil saber cando exactamente empezaron a contruirse .
Durante séculos o cereal  foi un alimento moi importante en Galicia. Coa incorporación do millo produciuse un gran aumento na construcción de canastros e de muiños. Nos canastros a xente gardaba as espigas e nos muíños fabricaban a fariña coa que logo se cocía o pan no forno.

Os canastros están formados por cámaras rectangulares coas paredes de pedra ou madeira (ou mixtos) que descansan sobre uns pés de pedra, a fin de protexe-lo da humidade do chan.  A cuberta a maior parte das veces é de tella a dúas augas pero tamén pode ser de palla ou granito.  Normalmente ten unha cruz ou pináculo como adorno. Accédese a eles por escadas.
Para facilita-la ventilación destes graneiros, ademais de ter aberturas para o aire, dispóñense en lugares abertos nos que o vento circula con facilidade, como as eiras onde encontramos varios canastros xuntos.


Constan de varias partes, como por exemplo os tornarratos ou os tornaformigas cada unha coa súa función. No debuxo que vedes á beira están detalladas.


hórreos de galicia
Imaxen sacada de http://horreosdegalicia.com

Esta imaxe saqueina de http://horreosdegalicia.com/. Unha páxina estupenda que vos recomendo a todos que visitedes.
Está chea de fotos espectaculares!!! 

Aquí vos deixo unhas fotos do canastro en Bouzadrago que pertencía a meus avós
Canastro de meus avós en Bouzadrago (Entrimo)
.

1 comentario:

  1. Qué chuli esta entrada! Es muy instructiva, yo no los conocía, pero ahora si voy a Galicia ya sabré lo que son.

    ¡Felicidades por el blog!

    ResponderEliminar

¡Moitas gracias por comentar!