viernes, 16 de septiembre de 2011

Os cruceiros




Segundo a Wikipedia (http://gl.wikipedia.org/wiki/Cruceiro) os cruceiros naceron con unha función relixiosa, cristianizando alguns lugares nos que en alguns casos se celebraran cultos pagáns. 
Son moito máis que unha marca nun lugar ou unha linde entre parroquias. Son sinais de identidade da aldea ou da parroquia, lugares de encontro e de referencia na vida diaria da xente da aldea. Os cruceiros son obxectos sagrados e, por extensión, tamén o é o lugar onde se levantan.
Cruceiro de Ferreiros
Atopamos cruceiros en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc  
Ante os cruceiros rezábase polas ánimas dos mortos e pedíase axuda a Deus. Alguns tamén se ergeron en puntos nos que tivo lugar unha morte violenta buscando dar descanso á alma da vítima. Neles buscouse protección, quizais por eso hai tantos cruceiros nas encrucilladas e nos camiños ó cemiterio.
Outros erguéronse na praza da aldea para protección da xente e no campo da feira para a protección do gando.
Castelao defendía a tese de que os cruceiros foron introducidos en Galicia por influencia das viaxes de San Vicente Ferrer que estivo por terras galegas en 1412 e trouxo o modelo das cruces de termo. Tamén viaxou pola Bretaña francesa en 1419, onde morreu, de ahí a semellanza entre os cruceiros galegos e bretóns.
Os crueciros son esculturas de pedra de granito, de entre 3 e 5 metros, coa cruz na parte superior. Alguns dos cruceiros ten a cruz soa e outros son mais elaborados, dependía dos recursos económicos da persoa que encargara a sua construcción.
Cruceiros na Terrachán


Básicamente ten os seguintes elementos:
- O pedestal, peza normalmente cuadrangular, cúbica. As caras poden ser lisas ou con algunha inscripción co nome de quen o encargou.
- O fuste ou vara: columna de sección cuadrangular, octogonal ou cilíndrica.  Pode te-la superficie lisa ou decorada .
                    
Cruceiro en Galez                                              
- O capitel imitando os estilos arquitectónicos clásico, románico ou gótico, con volutas, follas, caveiras, anxos, santos etc.
- A cruz, cun Cristo  crucificado, só, coa Virxe ou con anxos.
- O pousadoiro, unha mesa situada xunto á base do cruceiro. Esta parte non a encontrei en ningún cruceiro de Entrimo.


    2 comentarios:

    1. Hola Isabel:
      Acabo de descubrir este blog, y me alegro de que exista y haya gente como tú que pueda facilitar el conocimiento de estas maravillosas tierras desde Internet. Lo apuntaré entre mis preferidos.

      ResponderEliminar
    2. ¡Gracias obobriga!
      para mi el blog es más que un entretenimiento, también es una manera de estar en contacto con Entrimo y con otros entrimeños.
      Espero que sigamos en contacto :-)

      ResponderEliminar

    ¡Moitas gracias por comentar!