lunes, 24 de octubre de 2011

A Ortiga

¿Sabiades que outra das riquezas de Entrimo son as plantas medicinais?.
A miña avoa Áurea, que en paz descanse, comentaba o uso que xa os seus antepasados facían dalgunhas delas. E miña tia Lucinda, que parece que colleu o relevo para que o saber popular non se perda, cando vai a Entrimo no vrao moitas veces trae algunhas destas herbas pra Barcelona.
Hoxe vouvos falar da ortiga. Esa planta tan odiada por todos por os picores que nos produce o tocala.

Ortigas a beira dun camiño de Entrimo
En infusión é boa como depurativa, pra mucosidade na garganta, pra os órganos respiratorios cando un está acatarrado, pra os pulmons, riñons e intestinos.
Como condimento de comidas e sopas pódese usar a ortiga seca e ben triturada. É moi nutritiva, rica en calcio, silicio e ferro.
Como aplicación externa sobre o corpo podemos resaltar que as cataplasmas de ortiga axudan a combater o reuma e que lavar o pelo con ortiga e bo contra a caspa e a caída. 
De feito, se vos fixades, veredes que se venden en moitas farmacias champús de ortiga.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Moitas gracias por comentar!