Este blog foi creado coa ilusión de ser un punto de encontro para entrimeños. Un lugar onde poidamos compartir experiencias, coñecementos, tradicions…e todo o relacionado con esta terra querida que é Entrimo.
lunes, 30 de abril de 2012
jueves, 26 de abril de 2012
Un xogo: O Brilé
Alguén coñece este xogo? Fora de Entrimo pode ser que non pero seguro que moitos entrimeños xogastes o Brilé mais dunha vez.
Acordádesvos?
"Os xogadores divídense en dous equipos do mismo número de persoas.
Divídese o campo de xogo en catro partes con tres liñas, unha no medio e duas no fondo a cada lado, a seis ou sete pasos da central.
O xogo empeza cando un xogador de cada equipo achégase a raia do medio e salta para coller para o seu lado a pelota que un terceiro bota o aire.
O que colle a pelota pode tirala contra calquera xogador do equipo contrario e o que lle de está brilado e ten que abandonar o campo e situarse na zona de brilados. Pero se a quen iba dirixido o lanzamento agarra a pelota pode usala pra brilar a alguén do equipo contrario (sempre sen pasar nen pisar a raia do medio)
O máis emocionante é que os xogadores brilados non deixan de xogar senon que dende a sua zona poden coller a pelota cando lla pasen os xogadores do seu equipo libres, e así atacar desde os dous lados ao outro equipo, que ten que correr de raia a raia para que non lles toque a pelota.
O final gana o equipo que brila a todos os xogadores do equipo contrario."
Pois aí queda un xogo para que non se nos esqueza!

miércoles, 11 de abril de 2012
As sete virxes de Anamán
Dise por todas as partes que Galicia é terra de lendas e meigas...
Algunha que outra tamén se conta por Entrimo, como a das sete virxes.
Mais dunha vez, xa dende pequena, escoiteina pero non me acordaba ben dela.
Recordaba que miña avoa contaba que eran sete virxes que en busca de capelas e igrexas todas corrían pra coller os mellores sitios. Unha delas quedouse de última e foi parar a Peneda (Portugal), que era o lugar de peor acceso. Pero foi reconpensada polo esforzo e como decía miña avoa "onda as outras van a pares e a Peneda a millares".
Xa esquecera cuales eran as sete virxes ata que encontrei a lenda na páxina de Galicia Encantada.
Aquí a tendes:
As sete virxes de Anamán
BIBLIOGRAFÍA Fonte: RISCO, V., Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Orense, (dirixida por F. Carreras Candi), Casa editorial Alberto Martín, Barcelona, s/d. |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)