martes, 13 de diciembre de 2011

Os motes

O alcume, en Entrimo conocido por mote, é o sistema máis antigo que existe, despois do nome, para distinguir aos individuos. Aínda que estivo moi extendido durante séculos hoxe o seu uso é case exclusivo das zonas rurais.
Cando debido ao crecemento da poboación fíxose difícil identificar aos individuos polo seu nome empezouse a diferencialos cun “segundo nome” (mote) que podía facer referencia a unha característica física da persoa, á súa profesión, a algún obxeto, a algunha anécdota relacionada coa súa vida, o lugar no que vivía, a relacións de parentesco… E o mote foise herdando de pais a fillos.
Alguns apodos deron orixe aos apelidos, así por exemplo a terminación –ez dos apelidos significa “fillo de”, é dicir “González” é “ o fillo de Gonzalo”.
En moitos casos os motes son palabras coñecidas e fáciles de entender pero noutros son palabras antigas das que non sabemos o significado nin están documentadas.
No meu caso por parte de pai correspondeme o mote “mica” xa que os meus antepasados eran “os micos” e por parte de nai “cambas” (unha das dúas partes do arco da roda do carro). O que non sei é se o de “micos” ven por algunha relación da familia cos gatos (que alguen tivese moitos por exemplo) ou fai referencia a unha característica física xa que temos a cara redonda e o nariz pequeno.
En Entrimo este patrimonio cultural continua moi vivo e contamos con motes como os seguintes:

  •          Que fan referencia a profesions como “cesteiros” ou “toleiros”
  •          Referidos a obxetos como “cambas”, “chavellas” (peza estreita de madeira para   suxeitar o xugo do carro) ou “presilla” (tira cosida nunha peza de roupa para pasar o botón),
  •          A animais como “moscas”,  “micos” ou “saltons”
  •          A lugares: “da eira”, “do coto”, “das portelas“ “os do Santo”…
  •          A características físicas como “rubios” ou “pardos”
Seguro que na vosa familia tamén tendes motes. ¡Animádevos a enviar un comentario co voso!

4 comentarios:

  1. Ós motes, nalgúns lugares de Entrimo, tamén se lles chaman nomeadas, ... e algunhas ten un matiz claramente peioraitivo, raiando o insulto.

    ResponderEliminar
  2. Imaxino que podes ter parte de razón anónimo. Pero os motes, apodos en castelan, non son ningún insulto. O que así os utiliza fai un mal uso deles.E creo que non é o mesmo unha nomeada que por exemplo, un rapaz lle chama a outro que un sobrenome polo que unha familia é reconocida o largo de centos de anos.
    Eu personalmente penso que son unha riqueza, unha característica en peligro de extinción do mundo rural

    ResponderEliminar
  3. Fixen o comentario coa intención de aportar algunha información adicional e sen ánimo ningún de cuestionar o artigo, que sen dúbida algunha é moi interesante. Por eso me sorprende (ao mellor estou equivocado) que se pense que pode ser unha crítica. ¡Líbreme Deus!
    Admito que podo estar errado (seguramente o estou), pero creo que algúns alcumes (poucos, certo) son ou o foron na súa orixe claramente peiorativos, aínda que é evidente que dependerá moito do matiz que lles queira dar quen os utilice.
    ... e claro que son unha riqueza (ese é un feito obxectivo), unha das moitas que ten a nosa zona e que este blog pretende poñer en valor.
    A todos os que nos sentimos de Entrimo nos debe alegrar a existencia de puntos de encontro coma este "onde poidamos compartir experiencias, coñecementos, tradicions…".
    Disculpas, se fui mal interpretado.

    ResponderEliminar
  4. ¡Gracias Pepe por comentar!
    Non tomei o teu comentario como crítica. Alégrame que a xente participe, ¡pra eso foi feito o blog!
    Acabo de vir de pasar o Nadal en Entrimo e linlle o artigo á miña nai. Díxome o mesmo que dis tu, que na súa orixe alguns tiñan significados peiorativos... A verdade e que eu non reparara niso...
    ¡Seguimos en contacto!

    ResponderEliminar

¡Moitas gracias por comentar!