.
Amigos, xa está a porta o frío.Acórdome de cando era eu pequena que pola matanza do porco facíanse as filloas de sangre.
Ahora aquí na cidade como sangre non teño deixovos a receita das filloas de ovo que fixen o outro día.
Estas é a versión simple pero podedeslle por tamén mel, chocolate, mermelada...
![]() |
Eu como non teño touciño uso manteiga de porco |
6 culleradas sopeiras de fariña
6 culleradas sopeiras de azucre
6 ovos
1 vaso de auga
1 vaso de leite
1 chisco de sal
1 anaco de touciño
Primeiro faemos o amoado. Espolvoreamos a fariña co azucar e co sal e engadímoslle os ovos previamente batidos. Despois pouco a pouco imos incorporando a auga e o leite mesturados. Batemos todo xunto.


Entre filloa e filloa hai que volver untar con touciño.
Cando a filloa empece a dorarse polas beiras dámoslle a volta.
Ímolas colocando nun prato unha encima doutra.


¡E listas pra servir! Sírvense con azucre pra que cada un lle poña o seu gusto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
¡Moitas gracias por comentar!