sábado, 5 de noviembre de 2011

As fontes

Fonte da Barreira (Bouzadrago)
Galicia sempre foi terra de auga, e así o mostran as moitas fontes espaiadas polas aldeas.
Entrimo tamén é terra rica en fontes ainda que algunhas delas hoxe en día encóntranse en estado de abandono.
Fonte da Quintan (Terrachán)


Antigamente as fontes, en uso por tódolos veciños abastecían á poboación e ó gando de auga.
Coa traída de augas e o abandono dos traballos do campo moitas delas pasaron a desuso. 
Ademais hai que pensar que algunhas nen sequera estaban situadas á beira dun camiño ou en lugares onde poidesen cumprir unha función decorativa. Estas eran fontes situadas o lado de carreiros ou entre campos, que tiñan a función de refrescar a xente cando andaba a traballar nas leiras, por exemplo a fonte de Esculeiro en Ferreiros ou a de Quingosto en Bouzadrago. Co abandono da labranza tamén se abandonaron estas fontes.
Fonte en Galez
Outras sitúanse en sitios mais accesibles, preto das casas e dos camiños, a elas acudía a xente a procura de auga. As mais rechamantes son as fontes dun cano que normalmente verten a auga nun bebedoiro para servicio do gando, e deste bebedoiro pasa ó pozo de lavar a roupa.
Cando eu era pequena acórdome de ir buscar no vrao auga fresca en Ferreiros a fonte do Pozo e a dos Birmons, hoxe en día nengunha delas bota auga, e cando secaban estas duas ibamos a do Cortello que por sorte ainda perdura.

Fonte do Cortello (Ferreiros)


No hay comentarios:

Publicar un comentario

¡Moitas gracias por comentar!