
Este blog foi creado coa ilusión de ser un punto de encontro para entrimeños. Un lugar onde poidamos compartir experiencias, coñecementos, tradicions…e todo o relacionado con esta terra querida que é Entrimo.
miércoles, 16 de noviembre de 2011
domingo, 13 de noviembre de 2011
Filloas
.
Amigos, xa está a porta o frío.Acórdome de cando era eu pequena que pola matanza do porco facíanse as filloas de sangre.
Ahora aquí na cidade como sangre non teño deixovos a receita das filloas de ovo que fixen o outro día.
Estas é a versión simple pero podedeslle por tamén mel, chocolate, mermelada...
![]() |
Eu como non teño touciño uso manteiga de porco |
6 culleradas sopeiras de fariña
6 culleradas sopeiras de azucre
6 ovos
1 vaso de auga
1 vaso de leite
1 chisco de sal
1 anaco de touciño
Primeiro faemos o amoado. Espolvoreamos a fariña co azucar e co sal e engadímoslle os ovos previamente batidos. Despois pouco a pouco imos incorporando a auga e o leite mesturados. Batemos todo xunto.


Entre filloa e filloa hai que volver untar con touciño.
Cando a filloa empece a dorarse polas beiras dámoslle a volta.
Ímolas colocando nun prato unha encima doutra.


¡E listas pra servir! Sírvense con azucre pra que cada un lle poña o seu gusto.
sábado, 5 de noviembre de 2011
As fontes
![]() |
Fonte da Barreira (Bouzadrago) |
Galicia sempre foi terra de auga, e así o mostran as moitas fontes espaiadas polas aldeas.
Entrimo tamén é terra rica en fontes ainda que algunhas delas hoxe en día encóntranse en estado de abandono.
Entrimo tamén é terra rica en fontes ainda que algunhas delas hoxe en día encóntranse en estado de abandono.
![]() |
Fonte da Quintan (Terrachán) |
Antigamente as fontes, en uso por tódolos veciños abastecían á poboación e ó gando de auga.
Coa traída de augas e o abandono dos traballos do campo moitas delas pasaron a desuso.
Ademais hai que pensar que algunhas nen sequera estaban situadas á beira dun camiño ou en lugares onde poidesen cumprir unha función decorativa. Estas eran fontes situadas o lado de carreiros ou entre campos, que tiñan a función de refrescar a xente cando andaba a traballar nas leiras, por exemplo a fonte de Esculeiro en Ferreiros ou a de Quingosto en Bouzadrago. Co abandono da labranza tamén se abandonaron estas fontes.
Outras sitúanse en sitios mais accesibles, preto das casas e dos camiños, a elas acudía a xente a procura de auga. As mais rechamantes son as fontes dun cano que normalmente verten a auga nun bebedoiro para servicio do gando, e deste bebedoiro pasa ó pozo de lavar a roupa.
Cando eu era pequena acórdome de ir buscar no vrao auga fresca en Ferreiros a fonte do Pozo e a dos Birmons, hoxe en día nengunha delas bota auga, e cando secaban estas duas ibamos a do Cortello que por sorte ainda perdura.Ademais hai que pensar que algunhas nen sequera estaban situadas á beira dun camiño ou en lugares onde poidesen cumprir unha función decorativa. Estas eran fontes situadas o lado de carreiros ou entre campos, que tiñan a función de refrescar a xente cando andaba a traballar nas leiras, por exemplo a fonte de Esculeiro en Ferreiros ou a de Quingosto en Bouzadrago. Co abandono da labranza tamén se abandonaron estas fontes.
![]() |
Fonte en Galez |
![]() |
Fonte do Cortello (Ferreiros) |
martes, 1 de noviembre de 2011
Decorar con flores secas

1.Pomos as flores a secar boca a baixo nun lugar escuro durante dous meses
2. No fondo dun floreiro pomos area e algunhas pedras



3. Espetamos as flores e se queremos botámoslles por encima unha pouca de laca do pelo.
E aquí está, ¡mirade que marabilla de ramo decorativo!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)