miércoles, 18 de enero de 2012

O Carballo e a Sobreira

Carballo grande na Feira Vella
O primeiro “¿onde é?” que colguei foi a foto dun carballo que hai no cruce da Feira Vella á beira da carretera que vai para Ourense.
Pensei que sería difícil de adiviñar pero un entrimeño residente en Brasil, Marcial, deseguida acertou. E despois outra persoa díxonos que ese carballo era coñecido como “O carballo grande”.
Parece ser que os carballos chaman a nosa atención. Non é de extrañar pois debe ser a árbore máis querida en Galicia.
Carballo da Sobreira
 en Ferreiros




En Ferreiros temos o Carballo da Sobreira. Estou segura que moita xente da aldea se preguntásemos cal é o elemento máis representativo de Ferreiros contestaría “O carballo da Sobreira”. Á súa sombra sentáronse xeracións, e presidiu centos de festas.
Mirade se é importante a Sobreira que dá nome ao sitio onde están situados as tres cousas máis importantes do lugar.  A capela, coñecida como “a capilla da Virxe da Sobreira” o  cruceiro que é “o cruceiro da Sobreira” e o carballo chamado “o carballo da Sobreira”. Os tres xuntos forman un conxunto espectacular.


A Sobreira en Ferreiros
¿Sabedes o que é unha sobreira?, eu non tiña nin idea ata que investiguei un pouco en internet. Resulta que unha sobreira é unha especie de carballo (Quercus suber L.), tamén coñecida por corticeira (en castellano alcornoque).
O carballo (Quercus sp.) é do xénero de árbores caducifolios moi robustos. En Galicia atopamos diferentes especies dentro do xénero Quercus. Destas a máis importante é o carballo común (Quercus robur L.), e a sobreira é outra especie dentro do xénero Quercus.
A Sobreira en Ferreiros
Así que parece que dicir “O carballo da sobreira” sería como dicir en castelán “el roble del alcornoque”.
E ¿sabedes que o carballo pode chegar ata os 1000 anos e pode pasar dos 40 metros de altura? ¡Realmente é unha árbore espectacular!
Pódese atopar por tódolos lugares, tanto en chairas como en ladeiras rochosas, ainda que prefire os terreos frescos sen grandes secas e por debaixo dos 1000 metros de altitude.
O seu tronco é dereito, ten a cortiza grisácea e as follas caedizas. O froito, moi apreciado como alimento para os porcos, chámase landra e mide entre 1 e 2 centímetros. 
O carballo florece en abril e maio e da o froito en outono.
É unha especie en regresión debido á  influencia humán, xa que foi e inda é substituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.
O conxunto de carballos en Galicia chámase carballeira, tamén carballal ou touza.
As carballeiras situadas a máis de 700 metros de altura, ademais de carballos, presentan exemplares de castiñeiros e bidueiras, xunto a fentos e silvas, mentres que nas carballeiras situadas a menos de 700 metros os carballos preséntanse acompañados por exemplares de acivro, pereira, érbedos, torviscos, loureiro...
Esto é todo por hoxe. Acabo o artigo desexando que poidamos ver en pé durante moitos anos máis o noso querido Carballo da Sobreira.

"Miña Virxe da Subreira
é amiga da goteira;
póñenlle o carballo á porta,
heille plantala videira."
(Do Cantigueiro popular da Baixa Limia,
de Xoaquin Lorenzo)

jueves, 5 de enero de 2012

Entrimo: ¿Onde é?

¡Feliz Año Nuevo a todos!
Aquí está o primeiro ¿onde é? do 2012
Non me negaredes que a foto é impresionante!!! Como o é o sitio.

Capela de San Antonio nas Quintans, Galez


Interior da Capela de San Antonio nas Quintans, Galez   

jueves, 29 de diciembre de 2011

Tostadas de viño

A Noiteboa pasada continuamos na casa coa tradición de facer as tostadas de viño como postre da cea. ¡Quedaron pra lambe-lo bico!
Ese mesmo día chamou miña tia Mercedes desde Barcelona e preguntoulle a miña nai como as fai, porque di que a ela non lle acaban de quedar ben.
Así que pensei que seria boa idea colgar a receita pra todos os entrimeños que andan polo mundo, por se non vos acordades como se fan...

Ingredientes:
Viño tinto
Azucar
Pan
Aceite de oliva












Primeiro mestúrase o viño co azucar. Aconséllovos escoller un viño o máis escuro posible.
Partimos o pan en rodajas. É mellor usar pan do dia anterior pra que non se esfarele.
Mollamos o pan no viño e dámoslle unhas voltas nunha sartén untada con aceite de oliva.
Antes de servir botámoslle un pouco de azucar as tostadas por enriba.
Toque de miña nai: espolvorea as tostadas en contas de só con azucar con azucar mesturado con canela.
¡Mirai que resultado mais espectacular pra algo tan fácil e barato!


Tostadas de viño tinto


¡Feliz Ano Novo a todos!



martes, 20 de diciembre de 2011

Centro de mesa para as festas do Nadal


¡Xa chegan as festas do Nadal!
Hove vouvos deixar unha idea de decoración con elementos naturais.
Este é un centro de mesa feito con follas ao redor dunha vela.
Como base podedes usar un prato, unha bandexa ou un anaco de cartón.


                                    ¡Boas festas a todos!

martes, 13 de diciembre de 2011

Os motes

O alcume, en Entrimo conocido por mote, é o sistema máis antigo que existe, despois do nome, para distinguir aos individuos. Aínda que estivo moi extendido durante séculos hoxe o seu uso é case exclusivo das zonas rurais.
Cando debido ao crecemento da poboación fíxose difícil identificar aos individuos polo seu nome empezouse a diferencialos cun “segundo nome” (mote) que podía facer referencia a unha característica física da persoa, á súa profesión, a algún obxeto, a algunha anécdota relacionada coa súa vida, o lugar no que vivía, a relacións de parentesco… E o mote foise herdando de pais a fillos.
Alguns apodos deron orixe aos apelidos, así por exemplo a terminación –ez dos apelidos significa “fillo de”, é dicir “González” é “ o fillo de Gonzalo”.
En moitos casos os motes son palabras coñecidas e fáciles de entender pero noutros son palabras antigas das que non sabemos o significado nin están documentadas.
No meu caso por parte de pai correspondeme o mote “mica” xa que os meus antepasados eran “os micos” e por parte de nai “cambas” (unha das dúas partes do arco da roda do carro). O que non sei é se o de “micos” ven por algunha relación da familia cos gatos (que alguen tivese moitos por exemplo) ou fai referencia a unha característica física xa que temos a cara redonda e o nariz pequeno.
En Entrimo este patrimonio cultural continua moi vivo e contamos con motes como os seguintes:

  •          Que fan referencia a profesions como “cesteiros” ou “toleiros”
  •          Referidos a obxetos como “cambas”, “chavellas” (peza estreita de madeira para   suxeitar o xugo do carro) ou “presilla” (tira cosida nunha peza de roupa para pasar o botón),
  •          A animais como “moscas”,  “micos” ou “saltons”
  •          A lugares: “da eira”, “do coto”, “das portelas“ “os do Santo”…
  •          A características físicas como “rubios” ou “pardos”
Seguro que na vosa familia tamén tendes motes. ¡Animádevos a enviar un comentario co voso!

jueves, 1 de diciembre de 2011

Olelas e Entrimo no programa "Cos pés na terra" da TVG

¡Hola a todos!
aquí vos deixo un vídeo que non vos podedes perder.
É do programa "Cos pés na terra" que fixeron na televisión galega no mes de setembro pasado. Sae unha familia de Olelas moi simpática.
Ah! no minuto 17:35 veredes que aparece un roscón. É parecido o que fai a panadeira da Illa. Creo que teño unha receita do roscón por ahí. Xa a colgarei cando a encontre.


http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/cos-pes-na-terra-1-21-09-2011

miércoles, 16 de noviembre de 2011

domingo, 13 de noviembre de 2011

Filloas

.
Amigos, xa está a porta o frío.
Acórdome de cando era eu pequena que pola matanza do porco facíanse as filloas de sangre.
Ahora aquí na cidade como sangre non teño deixovos a receita das filloas de ovo que fixen o outro día.
Estas é a versión simple pero podedeslle por tamén mel, chocolate, mermelada...

Eu como non teño touciño uso manteiga de porco
Ingredientes (4 ou 5 persoas):
6 culleradas sopeiras de fariña
6 culleradas sopeiras de azucre
6 ovos
1 vaso de auga
1 vaso de leite
1 chisco de sal
1 anaco de touciño  

Primeiro faemos o amoado. Espolvoreamos a fariña co azucar e co sal e engadímoslle os ovos previamente batidos. Despois pouco a pouco imos incorporando a auga e o leite mesturados. Batemos todo xunto.

A continuación quentamos a filloeira (unha sartén) e untámola co anaco de touciño e imos vertendo nela pequenas cantidades de amoado repartíndoas ben por toda a superfície.




Entre filloa e filloa hai que volver untar con touciño.
Cando a filloa empece a dorarse polas beiras dámoslle a volta.
Ímolas colocando nun prato unha encima doutra.




¡E listas pra servir! Sírvense con azucre pra que cada un lle poña o seu gusto.

   

sábado, 5 de noviembre de 2011

As fontes

Fonte da Barreira (Bouzadrago)
Galicia sempre foi terra de auga, e así o mostran as moitas fontes espaiadas polas aldeas.
Entrimo tamén é terra rica en fontes ainda que algunhas delas hoxe en día encóntranse en estado de abandono.
Fonte da Quintan (Terrachán)


Antigamente as fontes, en uso por tódolos veciños abastecían á poboación e ó gando de auga.
Coa traída de augas e o abandono dos traballos do campo moitas delas pasaron a desuso. 
Ademais hai que pensar que algunhas nen sequera estaban situadas á beira dun camiño ou en lugares onde poidesen cumprir unha función decorativa. Estas eran fontes situadas o lado de carreiros ou entre campos, que tiñan a función de refrescar a xente cando andaba a traballar nas leiras, por exemplo a fonte de Esculeiro en Ferreiros ou a de Quingosto en Bouzadrago. Co abandono da labranza tamén se abandonaron estas fontes.
Fonte en Galez
Outras sitúanse en sitios mais accesibles, preto das casas e dos camiños, a elas acudía a xente a procura de auga. As mais rechamantes son as fontes dun cano que normalmente verten a auga nun bebedoiro para servicio do gando, e deste bebedoiro pasa ó pozo de lavar a roupa.
Cando eu era pequena acórdome de ir buscar no vrao auga fresca en Ferreiros a fonte do Pozo e a dos Birmons, hoxe en día nengunha delas bota auga, e cando secaban estas duas ibamos a do Cortello que por sorte ainda perdura.

Fonte do Cortello (Ferreiros)


martes, 1 de noviembre de 2011

Decorar con flores secas


Xa que Entrimo está rodeado de natureza, hoxe vouvos ensinar como decorar con flores secas.



1.Pomos as flores a secar boca a baixo nun lugar escuro durante dous meses 


2. No fondo dun floreiro pomos area e algunhas pedras
       



3. Espetamos as flores e se queremos botámoslles por encima unha pouca de laca do pelo. 
                                             
E aquí está, ¡mirade que marabilla de ramo decorativo!
             

miércoles, 26 de octubre de 2011

Iglesia de Santa Mª la Real de Entrimo

Iglesia de Santa Mª la Real. Entrimo
Si eres entrimeño seguro que la conoces y si no lo eres pero en algún momento vas a Entrimo no puedes dejar de visitarla.
Ella ha sido testigo de numerosas bodas, comuniones, fiestas, despedidas....
Situada en Terrachán la iglesia de Santa Mª la Real, declarada Monumento histórico-artístico, tiene categoría de abadía y es uno de los pocos ejemplos de estilo churrigueresco en Galicia. 
Iglesia de Santa Mª la Real. Entrimo
Fue construída a finales del siglo XVII y principios del XVIII. Se cree que las obras de cantería finalizaron en el 1739 siendo abad D.Agustín Leboso.
Llama la atención la fachada de cuatro cuerpos, los dos inferiores enmarcados entre columnas salomónicas.
En el primero tres pares de columnas flanquean la puerta de entrada, en el segundo está la imagen de la Asunción rodeada de cuatro pares de columnas decoradas con sarmientos y racimos de uvas, en el tercero encontramos el cuadro de la Santísima Trinidad coronando a Nuestra Señora y en el cuarto cuerpo vemos el escudo de España con el águila bicéfala.
Fachada lateral: San José
Fachada lateral: Jesús con la bola del mundo
Las fachadas laterales una está dedicada a San José y la otra al Señor salvador del mundo.
Tiene una torre independiente de 25 metros, con balconada de piedra y cúpula hemisférica, fechada en el 1.727.
Rodea la iglesia un atrio de sillería con un muro encima del cual hay un víacrucis. 
Hasta el 1918 había un cementerio detrás de la iglesia.
El cuerpo de la iglesia es de planta de cruz latina de 45 por 20 metros, con tres naves separadas por fuertes pilastras que dan lugar a siete capillas.
Retablo interior
(Fuente: web del Concello de Entrimo)
Si por fuera la iglesia es una maravilla por dentro cuenta con seis retablos que no lo son menos.
Hace pocos años se llevo a cabo un restauración que permite ver los colores de las columnas de marmol de los altares tal y como eran originalmente, os recomiendo que os fijeis. Personalmente he estado dentro de muchas iglesias y en ninguna he visto mármoles coloridos como estos.

"Santa María de Entrimo
tan alta se foi a pór
para tocalas campanas
o domingo do Señor"
(Cantigueiro, Xoaquin Lorenzo)

lunes, 24 de octubre de 2011

A Ortiga

¿Sabiades que outra das riquezas de Entrimo son as plantas medicinais?.
A miña avoa Áurea, que en paz descanse, comentaba o uso que xa os seus antepasados facían dalgunhas delas. E miña tia Lucinda, que parece que colleu o relevo para que o saber popular non se perda, cando vai a Entrimo no vrao moitas veces trae algunhas destas herbas pra Barcelona.
Hoxe vouvos falar da ortiga. Esa planta tan odiada por todos por os picores que nos produce o tocala.

Ortigas a beira dun camiño de Entrimo
En infusión é boa como depurativa, pra mucosidade na garganta, pra os órganos respiratorios cando un está acatarrado, pra os pulmons, riñons e intestinos.
Como condimento de comidas e sopas pódese usar a ortiga seca e ben triturada. É moi nutritiva, rica en calcio, silicio e ferro.
Como aplicación externa sobre o corpo podemos resaltar que as cataplasmas de ortiga axudan a combater o reuma e que lavar o pelo con ortiga e bo contra a caspa e a caída. 
De feito, se vos fixades, veredes que se venden en moitas farmacias champús de ortiga.

jueves, 20 de octubre de 2011

Bombones de castaña

Aquí en Granollers ya hace días que se pueden comprar castañas así que me he animado a hacer unos bombones de castaña que, por cierto, han quedado deliciosos.
Como no podía ser de otra manera he hecho unas fotos para pasaros la receta. 
Ahí va:
Ingredientes:                                                                           Castañas
1 vaso de azúcar
1 vaso de agua
1 copa de anís o vino dulce
1 limón
1 tableta de chocolate


Primero pelamos las castañas. Como la segunda piel es muy difícil de sacar, las herviremos 5 minutos, las dejaremos enfriar y así nos resultará más fácil sacársela
                   .
Después pondremos en una olla el agua, azúcar, la copa de anís y la cáscara del limón y herviremos todo durante 10 o 15 minutos.
A continuación añadimos las castañas y dejamos que se enfríe.
Una vez frío volvemos a poner la olla al fuego y cuando rompa a hervir la volvemos a retirar. Repetimos el mismo proceso unas 7 veces.
De esta manera las castañas se van cociendo en el almíbar sin romperse.
Por último derretimos el chocolate (yo lo derrito en el microondas) y bañamos las castañas.
¡Y ya tenemos unos maravillosos bombones de castaña!

lunes, 17 de octubre de 2011

¡Toma castaña!

Xa chegou o tempo de comer castañas. Así que vou falar un pouco das castañas e do castiñeiro.
O nome do castiñeiro, deriva de  "castanon" , cidade antiga do Ponta, en Turquía, e considérase que é orixinario do sueste de Europa e Asia Menor.
Dos traballos arqueolóxicos levados a cabo en Galicia non se encontraron, polo momento, sinales de que os poboadores prerománicos usaran a castaña.
Castiñeiro en Entrimo
As lexions romanas si que conocían o valor nutritivo da castaña e ían plantando castiñeiros nos lugares que conquistaban.
A castaña foi ata o descubrimento de América básica na alimentación en Galicia, un alimento indispensable na vida das aldeas que salvou da fome a moitos galegos. Tamén foi moi apreciada a sua madeira coa que se facían as vigas das casas, portas, mobles, cestos…
Co descubrimento de América a introdución da pataca e o millo no século XVIII relegárona a un segundo termo.
Mais tarde no século XIX a tinta provocou a morte de moitos castiñeiros.
Os ourizos
Ao contrario do que moita xente pensa a castaña é un dos froitos secos que menos engordan, ademais de ter menos contido calórico que a maioría dos outros o seu contido en auga e case a metade do seu peso.
Tamén hai que resaltar que son ricas en potasio e calcio.




Tabla de composición (por 100 gramos)

Calorías
Hidratos de carbono (g)
Proteínas
(g)
Fibra
(g)
Grasa (g)
Calcio
(mg)
Fósforo
(mg)
Magnesio
(mg)
Potasio
(mg)
165
36,6
2
5.5
2.2
145
256
234
500

viernes, 14 de octubre de 2011

Nova conta de Facebook

Debido a un problema coa conta anterior de facebook tiven que crear unha nova. Todo o anterior perdeuse incluídos os contactos.
¡Así que vos convido de novo a formar parte!          

lunes, 10 de octubre de 2011

20 anos da desaparición dun pobo: A Reloeira

A semana pasada viña un artigo na Rexión sobre a contaminación que padece o río Limia. 
A parte do encoro das Conchas está chea de algas tóxicas e actualmente o Límia é o río máis contaminado de toda a provincia.
Lendo este artigo veume a cabeza o encoro de Lindoso e os pobos que quedaron baixo as augas; sobre todo A Reloeira. 
Rara é a vez que pase por ese encoro ou que saia o seu nome nalgunha conversa que non me acorde deses pobos que desapareceron e con eles os seus campos cultivados durante xeracións, os canastros, as capelas, os cruceiros, os pozos de lavar, as casas, as fontes, os camiños transitados durante centos de anos, os turreiros testemuñas das festas, os Aguinchos,  ¿acordádesvos dos Aguinchos?... dos veráns bañándonos naquel río Limia que xa non ten nada que ver co Límia de agora…


En 1990 finalizaron as obras do encoro.









O 1991 foi o último ano para A Reloeira, no concello de Entrimo, e para Aceredo, Buscalque e O Bao, pertencentes a Lobios.

En 1992 as augas xa alagaban o val do Límia. Cúmprense agora vinte anos da inundación destes pobos.
Encontrei estes vídeos sobre os seus últimos días de vida.




jueves, 6 de octubre de 2011

Lesma

Lezmea en Ferreiros
Nos inicios de Entrimeños presenteivos a Lesma, a nosa mascota. 
Houbo entón un debate sobre o nome deste animaliño. Eu chamáballe zaramela ata que Rosi de Ferreiros me dixo que ese non era o seu nome e Obobriga fixo un comentario no blog recordándonos que en Entrimo se lles chama “lezmeas”. O final quedou co nome de Lesma en honor a influencia do portugués no noso idioma.
Buscando en internet encontrei mais información e parece ser que este animal tan típico de Entrimo é unha babosa negra (Arion Hortensis). Como curiosidade explícovos que estas babosas son hermafroditas, agrádalles vivir en zonas húmedas e con temperaturas entre 5 e 18 grados e poden por entre 100 e 500 ovos.
Pois con motivo das mil visitas o blog regaláronme unha Lesma!  Aquí tendes as suas primeiras fotos!
Lesma nun testo de plantas
Lesma  a explorar o xardín
Como vedes é unha monada de bicho. ¡E o mellor é que a podo meter no bolso e levala a ver mundo!
As pobres lezmeas camiñan como moito dous ou tres metros o día así que o largo da sua vida moi lonxe non poden chegar... Pero Lesma vai ter sorte e vai poder descubrir sitios de Entrimo maravillosos...

martes, 4 de octubre de 2011

Entrimo: ¿Onde é?

Tatatachán! O novo ¿Onde é?



Como parece difícil de acertar vouvos dar unha pista:

Este lavadoiro non está á beira dun camiño senon que está 

entre campos e carreiros...

lunes, 3 de octubre de 2011

Gracias a todos por visitar Entrimeños

Amigos entrimeños estou especialmente contenta por dous motivos.
O primeiro é que ¡Xa superamos as 1.000 visitas!. ¡Moitas gracias a todos!!
Neste mapa estan marcados en verde os paises desde onde se conectan os blogueiros que nos visitan; EEUU, Francia, Alemania, Brasil, Rusia, México, Canadá, Suiza… 
¡Como vedes hai entrimeños repartidos por un montón de lugares!


O segundo é que con motivo das 1.000 visitas tivemos un regalo… UNHA LESMA!! Á que por suposto adoptei con moito gusto na miña casa.

Onte fíxenlle as súas primeiras fotos, así que poida descargareinas no ordenador e ensinaréivolas. Ídesvos quedar coa boca aberta!!!!!